A Xunta destaca a colaboración empresarial como fórmula para incrementar o valor engadido da produción agroalimentaria

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na presentación da receita de tarta de queixo “Exquisiña” elaborada polos chefs galegos Lucía Freitas e Pablo Gallego con produtos das empresas Feiraco, Pazo de Vilane e Quescrem.

No acto, que tivo lugar no Centro Superior de Hostalería de Galicia, o director xeral puxo en valor esta colaboración e vinculouna coa Estratexia do sector lácteo galego impulsada pola Xunta (e coas estratexias sectoriais para a carne e para o viño). Lembrou, neste sentido, que o plan para o leite ten entre outros obxectivos o de fomentar un incremento do valor engadido do produto, como fórmula para acadar mellores prezos e máis ingresos para todos os elos da cadea.

Imaxes relacionadas