A Xunta impartirá formación sobre o novo regulamento relacionado coa produción ecolóxica nos sectores porcino e ovino-cabrún

As iniciativas están programadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural

A do sector porcino celebrarase mañá en Chantada, mentres que a de ovino-cabrún será o mércores 13 en Guntín
 

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021.- A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza varios cursos sobre o novo regulamento da produción ecolóxica nos sectores porcino e ovino-cabrún.
O curso sobre o sector porcino celebrarase mañá na aula CeMIT de Chantada en horario partido, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas. A xornada do sector ovino-cabrún terá lugar o vindeiro mércores 13 na Casa da Cultura de Guntín, tamén en horario partido de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.

Así, estas xornadas están dirixidas a todos aqueles interesados en desenvolver a súa traxectoria nos sectores porcino e no ovino-cabrún. Nesa liña, estudarase o mercado existente ao respecto e axudarase a comprender as posibilidades de comercialización, así como as novas tendencias e demandas dos consumidores. A maiores, darase a coñecer o novo regulamento sobre a produción ecolóxica e etiquetado dos produtos ecolóxicos.
Cunha duración total de sete horas, en concreto pola mañá tratarase a produción ecolóxica e a evolución do seu consumo en Galicia, a nova normativa ecolóxica relacionada con estes sectores, a comunicación ambiental e o cálculo de pegada de carbono, así como o mercado da produción de carne ecolóxica de porcino e de ovino-cabrún. Xa pola tarde, realizarase unha visita práctica.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021 e envialo ao correo electrónico ramon.jesus.lamelo.otero@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 981540262 para obter máis información.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.
Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.
 

Imaxes relacionadas