Fabiola García agradece aos membros comité asesor sociosanitario o seu traballo para a mellora do sistema de coidados

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, agradeceu aos membros do Comité Asesor Sociosanitario o seu traballo para a mellora do sistema de coidados. Esta mañá participou nunha reunión cos integrantes deste órgano na que se continuou avanzando na definición do novo modelo de residencias desde a perspectiva da coordinación sociosanitaria, do uso da tecnoloxía e da humanización dos centros.

Fabiola García destacou que este novo modelo contará coas ideas e aportación de persoal procedente de distintos ámbitos como o sanitario, social, o universitario ou o asociativo. Un esforzo conxunto que permitirá contar cun novo modelo de perspectiva transversal e integradora, cunha proposta construtiva que suma ideas e cunha nova forma de entender os coidados no que se integran disciplinas como a sanidade, a psicoloxía, o I+D+i e a arquitectura, entre outros.

 

Imaxes relacionadas