O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións

A Xunta licita a creación dun novo centro de menores na Casa da Quintán de Ponte Caldelas

Será un centro especializado na atención integral de rapaces con trastornos no ámbito da saúde mental, un modelo pioneiro a nivel nacional

O Goberno galego investirá 700.000 euros ao ano na posta en marcha deste servizo que contará cunha capacidade de 12 prazas e permitirá a posta en marcha de 20 postos de traballo

Ponte Caldelas (Pontevedra), 4 de outubro de 2021

A Xunta licitou a creación dun novo centro de protección de menores na Casa da Quintán de Ponte Caldelas. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe estas instalacións que permitirán a posta en marcha de 12 prazas de atención e a creación de 20 postos de traballo.

Trátase dun servizo moi necesario na provincia de Pontevedra e que será pioneiro a nivel nacional na atención integral e especializada de rapaces con trastornos no ámbito da saúde mental, un modelo pioneiro a nivel nacional. O Goberno galego investirá 700.000 euros ao ano no seu funcionamento.

Este inmoble indiano está distribuído en planta baixa e dúas alturas e cunha estrutura de casa familiar, un deseño que o converte nun recurso ideal para ofrecer un ambiente cálido e acolledor aos menores. Dispón tamén dunha ampla zona exterior para realizar actividades ao aire libre.

Imaxes relacionadas