Política Social participa na inauguración da marcha ciclista unificada organizada por Special Olympics

Baños de Molgas (Ourense), 30 de setembro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da IX marchas ciclistas unificadas, organizada por Special Olympics. Este programa permitirá que persoas con discapacidade realicen catro xornadas de ciclismo adaptado por distintos puntos de Galicia.

A primeira etapa destas xornadas foi no concello ourensán de Baños de Molgas. Os participantes continuarán mañá en Guitiriz, o sábado en Santiago e o domingo en Vilagarcía de Arousa. O director xeral sinalou que este programa é un xeito de seguir potenciando e reivindicando un deporte adaptado e un ritmo de vida activo entre as persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas