A Xunta destina preto de 7 M€ ás universidades públicas galegas para a adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas

Feijóo lamenta que o Ministerio de Ciencia non asuma o financiamento daqueles investimentos en infraestruturas científicas universitarias que non superen os 500.000 euros, como viña facendo ata o momento

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta destinará preto de 7 millóns de euros ás tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego para a adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas para os seus campus durante este ano 2021.

O presidente da Xunta lamentou que o Ministerio de Ciencia non asuma o financiamento daqueles investimentos en infraestruturas científicas universitarias que non superen os 500.000 euros, como viña facendo ata o momento.

Máis polo miúdo, Feijóo sinalou que a Universidade da Coruña recibirá ao redor de 1 millón de euros; “no caso de Santiago, 3,2 millóns de euros, e no caso de Vigo, 2,7 millóns de euros”.

As universidades poderán destinar o orzamento a gastos de equipamento dos grupos, institutos e centros de investigación e de unidades docentes; a equipamento científico e para infraestruturas de investigación; á elaboración de proxectos de obras ou reformas; á dotación de laboratorios e ás ferramentas de xestión do coñecemento e información tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outras cuestións.

Imaxes relacionadas