Política Social subliña a importancia de traballar en iniciativas que dean visibilidade ás zonas de menor poboación para superar o reto demográfico

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no Congreso Nacional da Confederación Nacional de Jubilados e Pensionistas de España (Conjupes)

Tamén asistiu o director xeral de maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, que fixo entrega do premio Conjupes á presidenta da Asociación de Pensionistas e Xubilados Villa Galicia de Vigo, Carmen García Garrido

Vigo, 29 de setembro de 2021

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no Congreso Nacional da Confederación Nacional de Jubilados e Pensionistas de España (Conjupes) cun relatorio titulado Explorando soluciones ao Reto Demográfico e á Soidade. Nel fixo fincapé na necesidade de traballar polas políticas públicas no ámbito demográfico, que teñen como finalidade implantar servizos sociais de calidade en zonas pouco poboadas.

Neste senso, Cristina Pichel salientou que desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado puxéronse en marcha diferentes programas para avanzar neste obxectivo, como o voluntariado interxeracional, abordado na Lei de impulso Demográfico de Galicia, o voluntariado sénior ou o próximo proxecto, Talento Interxeracional, que busca aproveitar todos os coñecementos e experiencias da xente maior para axudar á mocidade na súa transición cara o mundo laboral.

Así mesmo, salientou a importancia do voluntariado en momentos de crise ou necesidade, como os vividos como consecuencia da pandemia da Covid-19, así como a necesidade de traballar conxuntamente entre a Administración e entidades do terceiro sector.

Premio Nacional Conjupes

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, pola súa banda, fixo entrega do Premio Nacional da Confederación á presidenta da Asociación de Pensionistas e Xubilados Villa Galicia de Vigo, Carmen García Garrido. Durante a súa intervención, González Abeijón puxo en valor os congresos que dan o insistiu na necesidade de colaborar coas entidades para conseguir que estas persoas teñan a mellor calidade de vida e un envellecemento máis saudable e activo.

Imaxes relacionadas