Feijóo analiza nun encontro co embaixador do Reino Unido en España asuntos de interese como o brexit ou o Xacobeo

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu ao embaixador de Reino Unido en España, Hugh Elliot, con motivo da súa viaxe a Galicia.

No encontro ambos mandatarios trataron diversos asuntos de interese como o impacto do brexit, especialmente no sector pesqueiro, ou o impulso e promoción do Camiño de Santiago ante este histórico Xacobeo bienal. Con respecto a este último punto, Feijóo recordou que a cidade de Glasgow conta desde 2019 cunha mouteira que sinaliza simbolicamente o Camiño.

Ademais, o presidente da Xunta expresoulle ao embaixador de Reino Unido o seu desexo de seguir profundando e concretando posibles áreas de colaboración entre Reino Unido e Galicia en futuros encontros.
 

Imaxes relacionadas