A Xunta expón na comisión sectorial celebrada en Toledo os avances de Galicia na loita contra o reto demográfico

Subliñou que en Galicia continúanse potenciando as políticas públicas pioneiras, como as casas niño ou as casas do maior, ambas coa finalidade de restaurar o equilibrio nas zonas pouco poboadas

Toledo, 28 de setembro de 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe na primeira reunión presencial que celebra a Comisión Sectorial para o Reto Demográfico trala pandemia, que tivo lugar en Toledo. Na súa intervención puxo en valor os avances que levou a cabo Galicia na loita contra o reto demográfico, ao converterse na primeira comunidade autónoma en elevar a norma estatal esta cuestión a través da Lei de Impulso Demográfico de Galicia, aprobada a principios do ano 2020.

Neste sentido, Jacobo Rey tamén destacou que actualmente en Galicia continúanse potenciando as políticas públicas pioneiras en España no ámbito demográfico, entre as que salientou as casas niño ou as casas do maior, que teñen como finalidade implantar servizos sociais de calidade en zonas pouco poboadas para avanzar no reequilibrio territorial e que todos os cidadáns poidan accedan aos mesmos servizos sen depender da zona territorial onde vivan.

Ademais, o director xeral de Familia Infancia, e Dinamización Demográfica subliñou que desde a Xunta de Galicia séguese apostando pola coordinación entre o Goberno central e as comunidades autónomas para avanzar nesta materia.
 

Imaxes relacionadas