O Sergas pon en marcha un ciclo de conferencias sobre a saúde mental en tempos da covid nas que se abordarán os retos e estratexias para o autocoidado emocional

Enmarcadas dentro do desenvolvemento do Plan de apoio e atención ao persoal da sanidade

Contan coa colaboración do xornalista Sebastián Álvaro, quen dirixiu máis de 300 expedicións que teñen sido narradas en documentais do programa “Al Filo de lo imposible” de TVE
 

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2021

A vindeira semana terá lugar o ciclo de conferencias "Saúde mental en tempos da covid". Nestas, profesionais dos servizos de saúde mental do Sergas, coa colaboración do xornalista Sebastián Alvaro, impartirán, en cada unha das areas sanitarias, unha conferencia na que se abordarán os retos e as estratexias para o autocoidado emocional.

Estas conferencias enmárcanse dentro do desenvolvemento do Plan de apoio e atención ao personal da sanidade. Dito plan, posto en marcha en febreiro deste ano polo departamento sanitario galego, conta, entre as suas liñas de actuación, co fomento do autocoidado emocional do persoal e das habilidades de comunicación, así como o desenvolvemento dun programa de acompañamento aos profesionais desenvolto por profesionais da psicoloxía clínica e psiquiatría do Sergas.

Sebastián Alvaro, periodista, conferenciante, e aventurero, dirixiu máis de 300 expedicións que teñen sido narradas en documentais ("Al filo de lo imposible”, TVE), libros, conferencias e artigos. Recibiu polo seu traballo tres medallas ao mérito militar e o Premio Nacional do Deporte.

Colabora habitualmente nunha sección semanal no diario Marca e no programa de deportes de OndaCero “El Transistor”. Coa súa conferencia "Ninguén nos dixo que fose imposible: claves para despois dunha pandemia", o conferenciante fará unha reflexión sobre a experiencia vivida polos profesionais da sanidade, resaltando valores amosados na loita contra a covid como a valentía, a solidaridade, o optimismo e a resiliencia.

As datas e sedes de cada area sanitaria poden consultarse na web https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/PLAN-DE-SAUDE-MENTAL-DE-GALICIA-POSCOVID-19?idioma=es.

Imaxes relacionadas