O presidente da Xunta participou esta tarde en Oviedo no acto organizado por esta asociación

Feijóo destaca o labor da asociación Día de Galicia en Asturias e a súa contribución a manter viva a esencia da Comunidade no Principado

Oviedo, 24 de setembro de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o labor da Asociación Día de Galicia en Asturias e a súa contribución a manter viva a esencia da Comunidade no Principado, a través da divulgación da cultura e a gastronomía galegas, así como o bo facer das súas empresas.

Durante o acto organizado por esta asociación, Feijóo incidiu en que a identidade galega constrúese desde a unión e a suma de identidades, nunca desde a ruptura, como pon de manifesto a proxección universal do Xacobeo. Unha celebración á que invitou a todos os asturianos.

Imaxes relacionadas