Fabiola García sinala que a reubicación da sede de Cáritas Santiago permite recuperar unha parte moi importante da historia de solidariedade da cidade

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración da nova sede de Cáritas Diocesana de Santiago, onde sinalou que esta nova localización permitirá recuperar unha parte moi importante da historia de solidariedade da cidade.

A nova sede estará situada no edificio do antigo asilo de Carretas, que servía de punto de acollida de persoas en situación de rúa ou que precisaban axuda. “Un lugar que fala da historia de hospitalidade de Santiago”, apuntou a conselleira, quen animou a esta entidade a seguir sendo unha referencia a favor da inclusión social.
 

Imaxes relacionadas