Política Social fai entrega dos diplomas dos cursos de formación para o apoio á inclusión social

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no acto organizado pola Asociación Valladares no Centro Cultural Artístico e Recreativo da parroquia viguesa

Entre os títulos entregados hoxe atópanse os de Alfabetización dixital, economía doméstica e competencia en clave matemática ou o de Lingua e cultura castelá
 

Vigo, 22 de setembro de 2021

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado da Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Mª Fernández-Tapias, participou hoxe na entrega dos diplomas dos cursos de Formación para o Apoio á Inclusión Social organizada pola Asociación Valladares no Centro Cultural Artístico e Recreativo da parroquia viguesa. Alí, Arturo Parrado destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que traballan para ofrecer unha mellora na calidade de vida das persoas que máis o precisan e que, ademais, converten Galicia nun lugar máis igualitario e inclusivo.

A Xunta de Galicia achegou á Asociación Valladares preto de 30.000 euros para a elaboración de programas de inclusión social, como o reforzo socioeducativo para menores en exclusión social, os cursos de lingua e cultura castelá ou de informática.

Entre os diplomas entregados hoxe, atópanse os de Alfabetización dixital, economía doméstica e competencia en clave matemática ou o de Lingua e cultura castelá. Unha xornada que para o director xeral supuxo un avance cara unha sociedade na que as posibilidades sexan cada vez máis similares para todos.
 

Imaxes relacionadas