Os participantes do “Conecta co Xacobeo” chegan na súa segunda etapa do camiño a Dozón e Pontevedra

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

Os galegos do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” chegan na súa segunda etapa dos camiños Portugués e Vía da Prata ata Dozón e Pontevedra.

Recordar que cerca dun centenar de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.
 

Imaxes relacionadas