A Xunta colabora na cubrición dun parque infantil no concello ourensán de Muíños

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións realizadas nestas instalacións, que contan cunha axuda de preto de 34,000 euros no marco da Orde de Infraestrutura de uso público

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o novo parque infantil cuberto d de Mugueimes, no concello de Muíños no que a Xunta colaborou no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha achega de preto de 34.000 euros.

Natalia Prieto indicou que é una medida de optimización do uso das instalacións públicas para posibilitar o uso destas infraestruturas con independencia da situación meteorolóxica.

O Goberno galego destina este exercicio á convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público 4 millóns de euros, mantendo o orzamento do ano pasado despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. Así, a Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños. No caso de Muíños, o Goberno galego leva preto de 940.00 euros en melloras ambientais e de infraestruturas.

Imaxes relacionadas