O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deu conta dos datos nunha visita a colexios de Vilanova de Arousa

Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial comezan o curso este mércores

Aínda que os datos son provisionais, destaca un incremento de case 3.000 alumnos nas ensinanzas de Formación Profesional, ao abeiro da consolidación da modalidade Dual e da implantación dos novos másteres de FP

En ESO e Bacharelato apenas se producen variacións, con cambios focalizados nos últimos cursos

Imaxes relacionadas