A conselleira de Política Social asistiu esta mañá á presentación desta iniciativa posta en marcha pola Xunta, a Cruz Vermella e R

Fabiola García sinala que o programa 'Enredando Tour R' permitirá que medio milleiro de persoas maiores coñezan as vantaxes das novas tecnoloxías

‘Enredando Tour R’ consiste nunha viaxe en furgoneta por 11 localidades da Comunidade na que se lle dará a coñecer as novas tecnoloxías ás persoas maiores de Galicia

A Xunta achegou 90.000 euros a esta iniciativa
 

A Coruña, 13 de setembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, sinalou que o programa ‘Enredando Tour R’ permitirá que medio milleiro de persoas maiores coñezan as vantaxes das novas tecnoloxías. Esta mañá asistiu á presentación desta iniciativa impulsada polo Goberno galego, Cruz Vermella e a compañía telefónica R.

En concreto, a Xunta aportou 90.000 euros para a posta en marcha deste proxecto que consiste nunha viaxe en furgoneta por 11 localidades distintas da Comunidade na que se lle dará a coñecer as novas tecnoloxías ás persoas maiores. Os primeiros municipios que visitará son: A Coruña, Cedeira, Viveiro, Sarria, Monforte, O Carballiño, Verín, O Barco de Valdeorras, Lalín, Ponteareas e A Guarda.

A conselleira agradeceu á Cruz Vermella e a R o seu esforzo por axudarlle ás galegas e aos galegos a sacar proveito do mundo dixital para mellorar a súa calidade de vida. Neste sentido, apuntou que a Xunta e a Cruz Vermella aplican esta mesma filosofía a través do servizo de teleasistencia, que permite levar axuda e coidados a 7500 fogares galegos.

Imaxes relacionadas