A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,15 h de hoxe

Extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Nogueira, concello de Ribas de Sil, que afectou unha superficie de 140 hectáreas

Permanece controlado o rexistrado na parroquia de Ribas de Sil, concello homónimo, que afecta unha superficie dunhas 1.580 hectáreas

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,15 h de hoxe.

Extinguido ás 21,00 h. de hoxe o lume que se rexistrou o pasado domingo ás 21,42 h na parroquia de Nogueira no concello lugués de Ribas de Sil. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 140 hectáreas, das cales 105 foron de monte raso e 35 de monte arborado. Na súa extinción mobilizáronse un total de 6 técnicos, 27 axentes, 57 brigadas, 32 motobombas, 6 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Permanece controlado o lume iniciado o luns ás 12,47 h na parroquia de Ribas de Sil, concello homónimo, e que tamén afecta os municipios de Quiroga e da Pobra do Brollón. Tras a última medición, a superficie afectada é dunhas 1.580 hectáreas. Nas tarefas de extinción levan traballado 16 técnicos, 57 axentes, 134 brigadas, 57 motobombas, 12 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción persoal e medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.