Fabiola García subliña a importancia do equilibrio entre saúde e servizos sociais para a atención ás persoas con alzhéimer

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, participou hoxe no ‘I Encontro de expertos do Alzheimer HOXE’, organizado pola Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), onde subliñou a importancia do equilibrio entre saúde e servizos sociais para a atención ás persoas que sofren esta demencia e para as súas familias.

A conselleira agradeceu a esta entidade o seu esforzo e traballo por frear o avance desta enfermidade e por ofrecerlles o asesoramento e atención que precisan. Neste sentido, destacou que grazas á colaboración entre a Xunta e as entidades sociais esta atención chega cada día a máis persoas e permite facer de Galicia un mellor lugar no que ser maior.
 

Imaxes relacionadas