A Axencia Galega de Infraestruturas presta apoio técnico ao concello de Viveiro para avanzar na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Técnicos do departamento de estradas da Xunta reuniranse cos técnicos municipais que participan na redacción do PXOM coa fin de determinar, polo miúdo, os criterios sobre os detalles técnicos relativos á rede viaria que permitan pechar o documento

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a prestar apoio técnico ao Concello de Viveiro para avanzar na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuniuse este mediodía con representantes da corporación municipal de Viveiro.

Durante o encontro, o director da Axencia Galega de Infraestruturas informou dos criterios que se deben ter en conta na elaboración do PXOM, debendo recoller este documento o proxecto de trazado aprobado para o desenvolvemento da vía de altas prestacións da Costa Norte ao seu paso polo concello.

Na xuntanza acordouse a celebración dunha próxima reunión entre técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e técnicos municipais que están a participar na redacción do PXOM coa fin de determinar, máis polo miúdo, os sobre os detalles técnicos relativos á rede viaria que permitan pechar o documento.
 

Imaxes relacionadas