Feijóo expón o novo centro comunitario de Caión como exemplo da suma de esforzos para construír lugares de encontro e foros que logran cohesionar os pobos

A Laracha (A Coruña), 8 de setembro de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao novo centro comunitario de Caión como exemplo da suma de esforzos para construír lugares de encontro e foros que logran cohesionar os pobos.

Durante o acto de inauguración desta nova infraestrutura, Feijóo subliñou que este centro conta cun salón de actos, unha zona de traballo para a confraría de pescadores, unha biblioteca e varias salas que permitirán aos veciños compartir tempo e actividades.

Así mesmo, destacou que este novo equipamento público, que vén a sumarse á outros como a renovación total do peirao, no que a Administración autonómica investiu máis de 4 millóns de euros, dálle un novo impulso á comarca, tecendo un fío entre o pasado e o futuro.
 

Imaxes relacionadas