Trenor pon en valor o traballo de Feafes para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades mentais

A Coruña, 7 de setembro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá á representante de Feafes (Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais). No encontro repasaron os proxectos conxuntos que a Xunta está respaldando grazas un convenio de máis de 635.000 euros anuais para que poidan levar a cabo as súas actividades.

Ademais, a través do reparto en 2020, para realizar actuacións en 2021, esta entidade conta con máis de 239.000 euros do reparto do 0,7% do IRPF. Así mesmo, Feafes tamén recibe do Goberno galego axudas para voluntariado, para programas de inclusión, un programa socio-educativo e unha subvención a través da orde de asesoramento e formación FSE.

Trenor destacou o intenso traballo desta entidade que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida de persoas con enfemidades mentais, prestar unha atención persoalizada e apoiar aos seus familiares.

Imaxes relacionadas