Activo un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de menos dunha hectárea

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín.

O lume iniciouse ás 16,04 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional inferior a unha hectárea no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control levan participado ata o de agora 2 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural