Política Social destaca a importancia de divulgar e dar a coñecer os oficios tradicionais entre a mocidade

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 4 de setembro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe da IV mostra de oficios, tradicións e xogos populares que se está a celebrar no campo da Igrexa de Baión, en Vilanova de Arousa. Alí destacou a importancia de divulgar e dar a coñecer os oficios tradicionais entre a mocidade.

Durante esta iniciativa, que se se está a celebrar entre hoxe e mañá, as persoas que se acheguen poderán saber máis do ocio dos cesteiros, carpinteiros ou augardenteiros, entre outras profesións. As nenas e nenos poderán ademais participar en obradoiros e xogos populares que os achegará aos costumes dos seus antepasados.