Valentín García acompaña a Inma Vilariño na presentación de 'O Naranxo de Trasmundo'

A xornalista lalinense deu a coñecer hoxe en Santiago a obra que lle rende tributo a Laxeiro no 25.º aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, puxo de relevo “a importancia da narración no coñecemento histórico, social, cultural, antropolóxico e lingüístico que ofrece, a través de persoeiros que ligan a Galicia pasada coa actual e recordan o valor do noso”

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou á xornalista lalinense Inma Vilariño na presentación compostelá da súa ópera prima, O Naranxo no Trasmudo, que sae do prelo de Edicións Fervenza, coa colaboración da Xunta de Galicia, entroutras entidades.
García Gómez felicitou á autora polo libro “que constitúe unha sentida homenaxe ao pintor lalinense Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, cando se cumpren 25º anos do aniversario do seu pasamento”. “Unha achega narrativa importante para o coñecemento histórico, social, cultural, antropolóxico e lingüístico que ofrece a través das pequenas historias que fan viaxar desde o Trasmundo un bo número de persoeiros que ligan a Galicia pasada coa actual para recordarnos o valor do noso”, concluíu.

Canda el e a autora, participaron no acto, que acolleu o Pazo de San Roque, Charo Golmar, profesora, escritora e autora do epílogo; Amalia López Brea “Luchi”, ilustradora da obra, e Manuel Gago, xornalista, profesor e prologuista do libro. A presentación contou tamén coa actuación musical do gaiteiro Plácido Rozas.

Pequenas historias para recuperar o “noso”

O Naranxo no Trasmundo é primeira obra literaria da periodista lalinense Inma Vilariño, publicada por Edicións Fervenza co apoio económico da Xunta de Galicia, da empresa lalinense GSI Dotación Industrial e do Restaurante Enxebre Porta do Sol de Lamela. O libro artéllase nunha historia de pequenas historias que inciden na recuperación do noso patrimonio material e inmaterial, legado que ten como destinatario a xente nova, por medio do personaxe popular do Naranxo (o noso tolo).

O Naranxo narra en primeira persoa desde o alén, desde o Trasmundo onde vive tras a súa morte terreal, e desde onde nos vai contando peripecias con outros personaxes de Lalín (Laxeiro, Ramón Mª Aller, Joaquín Loriga, o matemático Rodríguez, Daniel Varela Buxán, Antón Lamazares, Daniel González Alén, María Lajosa, Paco Lareo, Alfonso Sucasas, Plácido Rozas ou a condesa Pardo Bazán); do Deza (Ramón de Valenzuela...) e de Galicia (Domingo Fontán, Isaac Díaz Pardo, Álvaro Cunqueiro, o alemán de Camelle, Ruth Matilda Anderson, Urbano Lugrís...).

Imaxes relacionadas