Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, a superficie afectada foi de 15 hectáreas, a meirande parte delas arboradas

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño.
O lume iniciouse ás 17,41 h. de onte e a súa extinción produciuse ás 20,41 h. desta tarde. Segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, afectou unha superficie de 15 hectáreas. Delas, 14 foron arboradas e unha rasa. No seu control participaron en total 3 técnicos, 10 axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 4 avións e 6 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural