O director xeral de Emerxencias e Interior recibe ao presidente da Asociación provincial de Protección Civil de Pontevedra

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Asociación provincial de agrupacións e asociacións de voluntarios de Protección Civil de Pontevedra, Víctor Otero, para coñecer de primeira man o traballo dos voluntarios da provincia e as principais demandas da entidade.

Santiago Villanueva destacou o traballo altruísta destas agrupacións para reforzar os servizos de emerxencias da comunidade e lembrou o apoio do Goberno galego para o seu funcionamento a través das axudas ás que na última convocatoria se destinou 340.000 euros a 188 entidades da comunidade, 30 delas da provincia de Pontevedra que recibiron un total de 55.600 euros. Esta convocatoria complétase co apoio prestado para a mellora do seu equipamento ou a formación dos seus voluntarios.

Imaxes relacionadas