Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, a superficie afectada é de 15 hectáreas

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño.

O lume, que se iniciou ás 17,41 h. de onte, quedou controlado ás 16,12 h. desta tarde. Segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, afecta unha superficie de 15 hectáreas. No seu control levan participado ata o de agora 3 técnicos, 10 axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 4 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural