Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas de superficie afectada provisional

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño, está estabilizado.
O lume iniciouse ás 17,41 h. da tarde de onte e quedou estabilizado ás 22,40 da noite. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan participado 3 técnicos, 9 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 4 avións e 5 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural