Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas de superficie afectada provisional

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño.

O lume iniciouse ás 17,41 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan participado ata o de agora 3 técnicos, 4 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural