Os concellos de Sobrado, Baleira, Vilar de Barrio e Agolada teñen a maior porcentaxe de poboación diana inmunizada contra a covid das súas provincias

Estes concellos rexistran uns valores do 90,29%, 91,18%, 91,44% e 86,54% respectivamente

Nas sete grandes cidades, Santiago de Compostela é a que presenta unha maior porcentaxe de inmunizados cun 81,02%

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2021

Os concellos de Sobrado (A Coruña), Baleira (Lugo), Vilar de Barrio (Ourense) e Agolada (Pontevedra), son os que a día de hoxe teñen a maior porcentaxe de poboación diana inmunizada contra a covid con pauta completa nas súas provincias. Así o informa a Consellería de Sanidade que detalla que estes muncipios teñen, respectivamente, 90,29%, 91,18%, 91,44% e 86,54% respectivamente da súa poboación diana inmunizada. Considérase poboación diana aquela que é susceptible de ser vacinada, e que no caso do coronavirus é a de 12 anos e maiores desa idade.
No referente as sete grandes cidades, as porcentaxes son as seguintes: A Coruña 78,01%; Lugo 80,33%, Ourense 80%; Pontevedra 77,41%; Vigo 75,60%; Santiago de Compostela 81,02%; e Ferrol 80,56%.
No global de Galicia, os dez concellos con maior porcentaxe de inmunizados na poboación diana son Vilar de Barrio cun 91,44%, Montederramo cun 91,42%, Baleira cun 91,18%, Abadín cun 90,77%; Larouco cun 90,30%, Sobrado cun 90,29%, Sarreaus cun 90,24%, Vilardevós cun 90,23%, Beade cun 90,03% e Navia de Suarna cun 89,81%.
Todos estes datos, correspóndese a persoas con tarxeta do Sergas.

Imaxes relacionadas