A Xunta destaca a importancia de que os usuarios de residencia recuperen as súas actividades e un ritmo de vida activo

O Grove (Pontevedra), 26 de agosto de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou hoxe aos usuarios da residencia pública de maiores da Estrada durante unha excursión en catamarán pola ría de Arousa. Alí destacou a importancia de que os maiores que residen nestes centros recuperen este tipo de actividades e realicen un ritmo de vida activo.

Os usuarios da residencia da Estrada puideron realizar unha degustación de mexillóns durante a viaxe no catamarán que tivo como punto de saída e chegada o porto do Grove. A visita continuou cunha comida no restaurante Brandomil de Vilanova de Arousa e un paseo pola praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa.

Imaxes relacionadas