A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-524 ao seu paso polo concello de Frades

A intervención, adxudicada por un importe de preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 2 meses
O
s traballos levaranse a cabo no entorno da travesía de Abellá, en concreto entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350

A Xunta continúa traballando na conservación da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-524 ao seu paso polo concello de Frades.
Esta intervención, que vén de ser adxudicada á empresa F GOMEZ Y CIA SL por un importe de preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 2 meses.
Os traballos levaranse a cabo no entorno da travesía de Abellá, en concreto no treito comprendido entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350.
As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodadura en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope en mal estado.
As actuacións teñen como obxectivo resolver as deformación existentes na capa de rodadura, reforzando así a seguridade viaria nesta contorna.
A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.