Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns

Este lume afectou unha superficie de 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns, quedou extinguido ás 21,18 h. de hoxe.
O lume iniciouse na tarde do pasado luns e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas. Para a súa extinción mobilizáronse en total 5 técnicos, 18 axentes, 37 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 6 avións e 4 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural