Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns

A superficie afectada por este lume, segundo as últimas estimacións, é de 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns, quedou controlado ás 20,05 h. de hoxe.
O lume iniciouse ás 19,42 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas. No seu control levan participado ata o de agora 4 técnicos, 11 axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 6 avións e 4 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural