O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da primeira edición do certame ‘Espírito Ribeiro’

Ourense, 24 de agosto de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da primeira edición do festival “Espírito Ribeiro”; un certame que engloba unha serie de actividades relacionadas coa música, os sabores e os produtos de proximidade baixo o amparo do seu froito máis nobre: o viño.

Esta mostra itinerante, organizada polos concellos de Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende segundo o delegado territorial, “amosar o compromiso do Goberno galego con todo tipo de iniciativas xeradas no eido rural para poñer en valor a excelencia nos nosos produtos primarios, o privilexio do noso medio natural, e as posibilidades turísticas de calidade que só Galicia pode ofrecer, e que deben servir de motor económico e de economía sostible do noso rural”.

Imaxes relacionadas