Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns

Segundo as últimas estimacións, rolda as 90 hectáreas de superficie afectada provisional

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns.

O lume iniciouse ás 19,42 h. da pasada tarde e quedou estabilizado ás 8,35 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións coa luz do día, rolda as 90 hectáreas de superficie afectada provisional. No seu control levan participado ata o de agora 4 técnicos, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural