Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes

Segundo as últimas medicións, este lume afectou unha superficie de 34,8 hectáreas, das cales 33 son de monte raso e as 1,8 restantes de arborado

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio rexistrado no concello lucense de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, quedou extinguido ás 20,10 h. de hoxe.

Segundo as últimas medicións, este lume -que se iniciara na madrugada do pasado sábado- afectou unha superficie de 34,8 hectáreas, das cales 33 corresponden a monte raso e as 1,8 restantes a monte arborado. Na extinción deste incendio participaron en total 1 técnico, 9 axentes, 35 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 4 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural