A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 15,00 h. de hoxe

Permanece controlado o lume no municipio lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, que afecta unhas 30 hectáreas

Extinguido un lume no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou 0,01 hectáreas dentro do Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 15,00 h. de hoxe.

Negueira de Muñiz

Permanece controlado desde as 12,59 h. do domingo o lume que comezou ás 2,01 h. da madrugada do sábado no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 30 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 9 axentes, 33 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 4 helicópteros e 6 avións.

Calvos de Randín

Extinguido ás 12,35 h. desta mañá un lume rexistrado ás 11,30 h. no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín. Segundo as medicións, o lume afectou 0,01 hectáreas de monte raso dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Na súa extinción participaron 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural