O 061 de Galicia asistiu a 84 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 20 de agosto ata as 23,59 horas do domingo, 22 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 84 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 23 de agosto de 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 84 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 26 sinistros.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 84 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.
Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 27 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

21
Lugo
11
Ourense
5
Pontevedra
27
Galicia
64

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 88. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en catro ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 65 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.
En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Imaxes relacionadas