Controlado o lume forestal rexistrado no Concello de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, xa está controlado.

Este lume comezou ás 2,01 h. da madrugada do sábado e quedou controlado ás 12,59 h. desta mañá. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 30 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 7 axentes, 23 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 4 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural