A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe

Estabilizado o lume no municipio lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, que afecta provisionalmente unhas 24 hectáreas

Extinguidos os dous lumes rexistrados no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, que afectaron 18,67 e 3,64 hectáreas de monte raso en ambos casos

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe.

Negueira de Muñiz

Estabilizado ás 16,00 h. o lume que comezou ás 2,01 h. desta madrugada no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 24 hectáreas. No seu control participan 6 axentes, 19 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 4 helicópteros e 6 avións.


Padrenda

No concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, rexistráronse dous lumes onde se constatou que houbo varios focos, polo que todo apunta a que son intencionados.

Un deles, que comezou ás 1,50 h. desta madrugada, quedou extinguido ás 20,01 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 18,67 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 2 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

O outro, que comezou ás 23,24 h. de onte, quedou tamén extinguido ás 16,31 h. da tarde e afectou 3,64 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 3 axentes, 11 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural