A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 11,00 h. de hoxe

Activo un lume no municipio lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, que afecta provisionalmente unhas 24 hectáreas

Permanecen estabilizado e controlado os dous lumes declarados no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, que afectan 19 e 8 hectáreas, respectivamente

Nestes dous últimos lumes constatouse que había varios focos, polo que todo apunta a que son intencionados

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 11,00 h. de hoxe.

Negueira de Muñiz

Activo desde as 2,01 h. desta madrugada un lume rexistrado no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 24 hectáreas. No seu control participan 3 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 3 helicópteros e 2 avións.

Padrenda

No concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, rexistráronse dous lumes onde se constatou que houbo varios focos, polo que todo apunta a que son intencionados.
Un deles, que comezou ás 1,50 h. desta madrugada, xa está estabilizado desde as 7,07 h. desta mañá. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 19 hectáreas. No seu control levan traballado 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.
O outro, que comezou ás 23,24 h. de onte, quedou tamén controlado ás 7,07 h. e afecta provisionalmente unhas 8 hectáreas. Na súa extinción participan 3 axentes, 11 brigadas e 6 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural