Rexistrados dous incendios forestais no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

Un deles está estabilizado e afecta provisionalmente unha superficie de 19 hectáreas, mentres que o outro está controlado e afecta unha superficie estimada dunhas 8 hectáreas

En ambos lumes constatouse que había varios focos, polo que todo apunta a que son intencionados

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que se rexistraron dous incendios no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima. En ambos lumes constatouse que houbo varios focos, polo que todo apunta a que son intencionados.

Un deles, que comezou ás 1,50 h. desta madrugada, xa está estabilizado desde as 7,07 h. desta mañá. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 19 hectáreas. No seu control levan traballado 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

O outro, que comezou ás 23,24 h. de onte, quedou tamén controlado ás 7,07 h. e afecta provisionalmente unhas 8 hectáreas. Na súa extinción participan 3 axentes, 9 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural