Fernando González Abeijón recibe no Obradoiro a unha delegación da Asociación de Ciegos Españoles Católicos

Santiago de Compostela, 20 de agosto 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a unha delegación da asociación Ciegos Españoles Católicos (CECO) que realizaron o Camiño de Santiago co gallo da celebración do Ano Xacobeo.

Unha quincena de membros desta formación chegaron á Catedral de Santiago esta mañá logo de que nas últimas xornadas desfrutaran da cultura e experiencias que brinda o Camiño.