A Xunta logra que máis de 50 empresas de servicios básicos ofrezan un teléfono gratuíto de atención ás persoas consumidoras

O Goberno galego puxo en marcha unha campaña de comprobación para garantir o cumprimento da Lei de Consumidores e usuarios

A maioría das compañías que incorporan esta ferramenta pertencen ao eido dos servizos financeiros e de seguros, de transporte aéreo e por estrada

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), impulsou que 53 empresas que non contaban ata o de agora cun teléfono gratuíto de atención ás persoas consumidoras habilitasen esta ferramenta, en cumprimento da Lei de Consumidores e Usuarios.

Así, este texto establece que deben dispoñer deste teléfono as empresas prestadoras de servizos de carácter básico de interese xeral, como son as de subministración de auga, gas, electricidade; financeiros e de seguros; postais; transporte aéreo, ferroviario e por estrada; protección da saúde; saneamento ou residuos.

Tras recibir diferentes consultas, o IGCC puxo en marcha unha campaña de comprobación para garantir o cumprimento da legalidade naquelas compañías de que operan en Galicia, logrando que habilitasen este teléfono gratuíto 18 empresas de seguros; sete de transporte aéreo e por estrada; e 28 entidades financeiras. Ao mesmo tempo, fomentouse que seis empresas de electricidade e gas facilitasen un correo electrónico de contacto.

Imaxes relacionadas