Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 27 hectáreas arboradas

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, quedou extinguido ás 22,25 h. de onte.

O lume, que se iniciara na noite do pasado domingo, afectou -segundo as últimas medicións- unha superficie de 27 hectáreas arboradas. Para o seu control mobilizáronse en total 9 axentes, 32 brigadas, 13 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.