A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polo concello de Cuntis

Estes traballos desenvólvense na parroquia de Santa María de Cuntis, nos ríos Gallo, Patela, Campo e Calvos

As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle

As accións enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito Galicia-sur

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polo concello de Cuntis.

Estes traballos desenvólvense na parroquia de Santa María de Cuntis, nos ríos Gallo, Patela, Campo e Calvos.

As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Imaxes relacionadas