Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima, quedou controlado ás 20,59 h desta tarde.

O lume orixinouse ás 18,06 h. deste xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas provisionais. No seu control levan participado 4 técnicos, 16 axentes, 39 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 9 avións e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural