Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado onte no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima, está estabilizado.

O lume orixinouse ás 18,06 h. do xoves e quedou estabilizado ás 9,47 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. No seu control levan participado 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 9 avións e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.